lunes, 26 de febrero de 2018

30 de xaneiro!

  

   O martes, 30 de xaneiro, celebramos unha das "festas" máis bonitas do curso escolar que é: o "Día da Paz e non Violencia Escolar".



   Ese día recibimos a visita das  "mensaxeiras" da Paz da Casa Rosada do concello de Poio (Ana e Elena), que sempre teñen ideas fantásticas para darlle un sentido de reivindicación e, ao mesmo tempo, pasalo ben.



   Nós, preparamos unha coreografía para a canción deste ano que se titulaba: "Imagina" de Efecto Pasillo.

   Tamén escribimos palabras bonitas para "conservar" en tarriños de cristal como se foran marmeladas de moitos sabores.




Elaboramos tamén un mural onde aparecen moitísimas palabras que non debemos esquecer nunca, que serviron para encher outra tamén, non menos importante.
 Mirade que bonito quedou!!




Finalmente, despedímonos cunha grande aperta entre todos!!



FELIZ DÍA DA PAZ !!