jueves, 24 de mayo de 2018

Mans que falan...

  Como sabedes, o vindeiro día, 14 de xuño, é o Día Nacional das Linguas de Signos.

  A lingua de signos é unha forma de comunicación xestual, que utilizan, principalmente, as persoas xordas e as persoas que viven ou se relacionan con eles.

  Para falarnos deste sistema de comunicación, que emprega signos (moi relacionado co proxecto deste curso) recibimos a visita de Miriám Aller Álvarez, esperta intérprete desta lingua.



  Ela falounos do seu traballo, de como se "emocionou" xa desde pequeniña, desta forma de relacionarse coas persoas xordas, cegas e xordocegas.


                              

                                Foi unha charla moi amena e aprendimos moito.


  
  Ademais, poidemos disfrutar, dunha tradución simultánea dun conto, en lingua de signos.



 Tamén, nos agasallou, con bolígrafos para todos e guías de información detallada, do servizo que ofrecen onde traballa.


                                          Grazas Miriám polo teu tempo!