miércoles, 25 de abril de 2018

Día do Libro

  O 23 de abril, no CEIP Espedregada acontece algo moi especial: é o día en que os maiores len aos máis pequenos.

 Todos levamos días preparando esta actividade: dende a elaboración do que vai ser o mural (letras, deseño dos marcapáxinas, ficha onde debuxaremos o libro...)ata a elección do libro que imos a ler.

 Tamén estamos expectantes por saber a que nena ou neno imos ler e se lle gustará o conto que escollimos...en fin, toda unha experiencia.

 Este ano, fixo unha mañá moi bonita e todos disfrutamos dunha lectura en común e moi agradable.

 Despois, de ler, ilustramos o conto e intercambiamos os marcapáxinas.

 Finalmente, expuxemos os nosos debuxos no mural e, para rematar, todos poidemos escoller como agasallo, un libro de recordo deste día.

 Este é un resumo, a modo de vídeo, deste día.



               A todos e todas, Feliz Día do Libro!!

miércoles, 18 de abril de 2018

Un día de poesía

   O 21 de marzo, celebramos o "Día da Poesía" e, nesta ocasión, escollemos fermosos poemas para recitar de autores/as coñecidos e tamén, non tanto.

   É unha actividade que nos gusta moito, porque é un xeito de amosar moitas emocións e, sobre todo, sensibilidade.

   Deixámosvos un vídeo para que teñades unha idea das nosas actuacións...

Disfrutádeo cunha música tamén moi sensible, interpretada por Luz Casal.


ENTROIDO DE BANDEIRA


AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA REPORTAXE DO NOSO ENTROIDO 

BASEADO NO PROXECTO CÓDIGOS: 

BANDEIRAS, EMOTICONOS E SINAIS DE TRÁFICO.




ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!