lunes, 25 de junio de 2018

Festa Fin de Curso

...E chegado o día 21 de xuño, celebramos a Festa de Fin de Curso 2017/18.

Un día moi esperado por tod@s por moitas razóns que xa coñecedes: entrega agasallos, mercadiño de artesanías, cancións, xogos, discursos emotivos...

Todos nos sentimos moi ben, porque tamén representa o final dunha etapa e o comezo doutra.

A biblioteca entrega os seus premios e diplomas aos voluntarios e voluntarias, a lectores e contacontos que dinamizaron as horas de lectura.

As titoras tamén entregan os diplomas aos graduados en Infantil e Primaria.

Organízanse xogos e bailes para pasalo ben.

Preparamos unha merenda a base de froita para enchernos de enerxía.

Gastamos espedregadís no mercadiño de artesanías feitas por toda a comunidade escolar.

Tamén houbo emotivos discursos de despedida, por parte da titora de 5º/6º e dunha alumna de 6º, que nos chegaron ao corazón.


E o máis importante, comezan as vacacións de verán que tanta falta nos fan para descansar e, aínda que temos que despedirnos e danos algo de mágoa, tamén sabemos que á volta, estaremos de novo xuntos para o comezo dun novo curso escolar.

Despedímonos con este pequeno vídeo, en forma de agasallo, adicado a tod@s os que fixeron realidade este soño.






          Moitas grazas a tod@s!! E Felices Vacacións!! 






Imos de excursión!

O día 15 de xuño, apareceu un día estupendo para saír de excursión.

Desde Infantil ata 6º de Primaria, viaxamos nun bus, que nos levou ao Parque Rupestre de Campo Lameiro, para ver os famosos Petróglifos que alí hai, dende fai miles de anos.

Tamén fixemos obradoiros (pintura coas mans, plantación de sementes e obtención de fariña coas pedras).

Visitamos o museo e asistimos a unha exhibición de lume.

Comemos e merendamos nun entorno natural e agradable.

Os guías portáronse moi ben con nós, dixéronnos que debemos ter conciencia da importancia deste patrimonio e coidalo, para que todos poidamos disfrutar del.

 Aprendimos moito sobre a Prehistoria, tanto é así, que recibimos todos un carné de Expertos en Petróglifos.

Vimos tamén un poboado castrexo reconstruído e o labirinto.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos ese día:








Expoñemos o proxecto: "Comunic-Arte"

...E, finalmente, os de 3º fixeron un estupendo traballo sobre a lingua de signos.


Durante o curso estiveron preparando a súa exposición con todo tipo de recursos (fotos, presentacións, póster...) e tamén editaron un libro onde se pode ver todo o que aprenderon sobre esta forma de comunicarse.





 Eles aprenderon moito e nós disfrutamos tamén coa súa posta en escena.
Noraboa ao equipo de Star Wars!! 









Con banda sonora e todo!

Expoñemos o proxecto: "Emojimocións"

Os alumnos de 5º/6º tamén nos falaron do seu proxecto anual: "Emojimocións". Explicáronnos, a través dunha encadernación feita por eles mesmos; onde, de forma ilustrada e clara, podiamos ver e ler, como debemos interpretalos.

O traballo foi presentado por Nerea e Noa, alumnas de 6º, e José, un alumno de 5º.






MOI BEN!!

 

Expoñemos o proxecto: "Bandeiras do mundo"

O día 20 de xuño, os alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º/6º levaron a cabo a exposición dos seus traballos sobre o PDI deste curso:"Códigos e simboloxías".

Os primeiros en comezar foron os de 4º, que nos falaron un pouquiño das culturas de 12 países de todos os continentes do mundo.

Deles, estudiaron as súas costumes, a lingua, a gastronomía, os bailes e danzas propias...

Tamén fixeron unha exposición no corredor do colexio con traballos de investigación realizados en cartoliñas que quedaron así de bonitos:














lunes, 11 de junio de 2018

Concurso San Xoán

    Como xa sabedes, os alumnos e alumnas do noso cole, resultaron gañadores en 

todas as 

categorías nas que participaron. 

Unha boa nova, que foi gratamente recibida por toda a 

comunidade escolar.

   Os traballos foron realizados en formato DIN-A 3 con diferentes técnicas pictóricas 

(témperas, 

acuarelas, ceras...).


    Os premiados recibirán os seus agasallos  da man do alcalde e da concelleira de

 Educación do Concello de Poio.


NORABOA ARTISTAS!!



Prevención Solar

     Co motivo do Día Internacional do Cancro de pel (12 de xuño), recibimos no colexio unha charla da Empresa ISDIN, sobre a importancia de protexernos do Sol.

    Agora que chega o verán, temos que tomar conciencia dos perigos a que estamos expostos se non nos protexemos debidamente dos raios UVA, UVB E IR-A.



    Aínda que todos debemos protexermos con cremas de alta protección, as idades con maior risco de queimaduras solares son a infantil e preadoslescente.


   Tamén aprendimos que non debemos expoñernos á luz solar entre as 12 e as 16 horas, porque é cando máis nos afecta.

    Faláronnos das distintas cremas e protectores que existen no mercado e que hai distintos niveis para cada tipo de pel.


   E que cando vexamos algunha manchiña rara  que medra ou cambia de cor, debemos acudir ao especialista.

   Agasalláronnos cunha pulseira que cambia de cor, que nos avisa dos cambios de radiación.


     GRAZAS POLA VOSA INTERESANTE VISITA!! E Feliz Verán a tod@s!!           








jueves, 24 de mayo de 2018

Mans que falan...

  Como sabedes, o vindeiro día, 14 de xuño, é o Día Nacional das Linguas de Signos.

  A lingua de signos é unha forma de comunicación xestual, que utilizan, principalmente, as persoas xordas e as persoas que viven ou se relacionan con eles.

  Para falarnos deste sistema de comunicación, que emprega signos (moi relacionado co proxecto deste curso) recibimos a visita de Miriám Aller Álvarez, esperta intérprete desta lingua.



  Ela falounos do seu traballo, de como se "emocionou" xa desde pequeniña, desta forma de relacionarse coas persoas xordas, cegas e xordocegas.


                              

                                Foi unha charla moi amena e aprendimos moito.


  
  Ademais, poidemos disfrutar, dunha tradución simultánea dun conto, en lingua de signos.



 Tamén, nos agasallou, con bolígrafos para todos e guías de información detallada, do servizo que ofrecen onde traballa.


                                          Grazas Miriám polo teu tempo!





miércoles, 25 de abril de 2018

Día do Libro

  O 23 de abril, no CEIP Espedregada acontece algo moi especial: é o día en que os maiores len aos máis pequenos.

 Todos levamos días preparando esta actividade: dende a elaboración do que vai ser o mural (letras, deseño dos marcapáxinas, ficha onde debuxaremos o libro...)ata a elección do libro que imos a ler.

 Tamén estamos expectantes por saber a que nena ou neno imos ler e se lle gustará o conto que escollimos...en fin, toda unha experiencia.

 Este ano, fixo unha mañá moi bonita e todos disfrutamos dunha lectura en común e moi agradable.

 Despois, de ler, ilustramos o conto e intercambiamos os marcapáxinas.

 Finalmente, expuxemos os nosos debuxos no mural e, para rematar, todos poidemos escoller como agasallo, un libro de recordo deste día.

 Este é un resumo, a modo de vídeo, deste día.



               A todos e todas, Feliz Día do Libro!!

miércoles, 18 de abril de 2018

Un día de poesía

   O 21 de marzo, celebramos o "Día da Poesía" e, nesta ocasión, escollemos fermosos poemas para recitar de autores/as coñecidos e tamén, non tanto.

   É unha actividade que nos gusta moito, porque é un xeito de amosar moitas emocións e, sobre todo, sensibilidade.

   Deixámosvos un vídeo para que teñades unha idea das nosas actuacións...

Disfrutádeo cunha música tamén moi sensible, interpretada por Luz Casal.


ENTROIDO DE BANDEIRA


AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA REPORTAXE DO NOSO ENTROIDO 

BASEADO NO PROXECTO CÓDIGOS: 

BANDEIRAS, EMOTICONOS E SINAIS DE TRÁFICO.




ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!









lunes, 26 de febrero de 2018

30 de xaneiro!

  

   O martes, 30 de xaneiro, celebramos unha das "festas" máis bonitas do curso escolar que é: o "Día da Paz e non Violencia Escolar".



   Ese día recibimos a visita das  "mensaxeiras" da Paz da Casa Rosada do concello de Poio (Ana e Elena), que sempre teñen ideas fantásticas para darlle un sentido de reivindicación e, ao mesmo tempo, pasalo ben.



   Nós, preparamos unha coreografía para a canción deste ano que se titulaba: "Imagina" de Efecto Pasillo.

   Tamén escribimos palabras bonitas para "conservar" en tarriños de cristal como se foran marmeladas de moitos sabores.




Elaboramos tamén un mural onde aparecen moitísimas palabras que non debemos esquecer nunca, que serviron para encher outra tamén, non menos importante.
 Mirade que bonito quedou!!




Finalmente, despedímonos cunha grande aperta entre todos!!



FELIZ DÍA DA PAZ !!