lunes, 11 de junio de 2018

Prevención Solar

     Co motivo do Día Internacional do Cancro de pel (12 de xuño), recibimos no colexio unha charla da Empresa ISDIN, sobre a importancia de protexernos do Sol.

    Agora que chega o verán, temos que tomar conciencia dos perigos a que estamos expostos se non nos protexemos debidamente dos raios UVA, UVB E IR-A.



    Aínda que todos debemos protexermos con cremas de alta protección, as idades con maior risco de queimaduras solares son a infantil e preadoslescente.


   Tamén aprendimos que non debemos expoñernos á luz solar entre as 12 e as 16 horas, porque é cando máis nos afecta.

    Faláronnos das distintas cremas e protectores que existen no mercado e que hai distintos niveis para cada tipo de pel.


   E que cando vexamos algunha manchiña rara  que medra ou cambia de cor, debemos acudir ao especialista.

   Agasalláronnos cunha pulseira que cambia de cor, que nos avisa dos cambios de radiación.


     GRAZAS POLA VOSA INTERESANTE VISITA!! E Feliz Verán a tod@s!!           








No hay comentarios:

Publicar un comentario