lunes, 25 de junio de 2018

Festa Fin de Curso

...E chegado o día 21 de xuño, celebramos a Festa de Fin de Curso 2017/18.

Un día moi esperado por tod@s por moitas razóns que xa coñecedes: entrega agasallos, mercadiño de artesanías, cancións, xogos, discursos emotivos...

Todos nos sentimos moi ben, porque tamén representa o final dunha etapa e o comezo doutra.

A biblioteca entrega os seus premios e diplomas aos voluntarios e voluntarias, a lectores e contacontos que dinamizaron as horas de lectura.

As titoras tamén entregan os diplomas aos graduados en Infantil e Primaria.

Organízanse xogos e bailes para pasalo ben.

Preparamos unha merenda a base de froita para enchernos de enerxía.

Gastamos espedregadís no mercadiño de artesanías feitas por toda a comunidade escolar.

Tamén houbo emotivos discursos de despedida, por parte da titora de 5º/6º e dunha alumna de 6º, que nos chegaron ao corazón.


E o máis importante, comezan as vacacións de verán que tanta falta nos fan para descansar e, aínda que temos que despedirnos e danos algo de mágoa, tamén sabemos que á volta, estaremos de novo xuntos para o comezo dun novo curso escolar.

Despedímonos con este pequeno vídeo, en forma de agasallo, adicado a tod@s os que fixeron realidade este soño.






          Moitas grazas a tod@s!! E Felices Vacacións!! 






1 comentario: