lunes, 25 de junio de 2018

Imos de excursión!

O día 15 de xuño, apareceu un día estupendo para saír de excursión.

Desde Infantil ata 6º de Primaria, viaxamos nun bus, que nos levou ao Parque Rupestre de Campo Lameiro, para ver os famosos Petróglifos que alí hai, dende fai miles de anos.

Tamén fixemos obradoiros (pintura coas mans, plantación de sementes e obtención de fariña coas pedras).

Visitamos o museo e asistimos a unha exhibición de lume.

Comemos e merendamos nun entorno natural e agradable.

Os guías portáronse moi ben con nós, dixéronnos que debemos ter conciencia da importancia deste patrimonio e coidalo, para que todos poidamos disfrutar del.

 Aprendimos moito sobre a Prehistoria, tanto é así, que recibimos todos un carné de Expertos en Petróglifos.

Vimos tamén un poboado castrexo reconstruído e o labirinto.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do ben que o pasamos ese día:








No hay comentarios:

Publicar un comentario